No corazón de Muxía e mirando ao mar, o restaurante O Coral prepara para vostede deliciosos pratos feitos a partir dunha inmellorable materia prima.
Os peixes e mariscos da zona trocanse aquí en exquisitos manxares para primeiros e segundos pratos, aínda que se o prefire tamén ofrecemos algún prato de carne. Sen olvidar os nosos saborosos postres.
Todo isto poderao acompañar de calquera dos viños galegos e nacionais da ampla carta da que dispoñemos.