A PANADERÍA VILARIÑO, coñecida como " A Casa da Rubia" foi fundada fai uns 50 anos en CARNÉS, VIMIANZO por DON JOSÉ VILARIÑO MARTÍNEZ e a súa esposa DONA DOLORES CIBRÁN NOVOA.
Nun principio a producción era pequena e estaba destinada só ó propio pobo, facendo o reparto a cabalo, pois non había estradas nin coches. Por aquel entón amasábase á man e cocíase en forno de leña.
Co paso dos anos a empresa pasou a mans da súa filla DONA MARGARITA VILARIÑO CIBRÁN, actúal dona. A producción xa aumentara sustancialmente grazas á introdución de maquinaria moderna ó proceso productivo, fornos, amasadoras, ... , así como á ampliación das rutas de reparto ás aldeas limítrofes, axudado pola mellora das infraestructuras e a adquisición de furgonetas de reparto.
Daquela a producción reducíase á elaboración do típico molete galego e á barra branca. Hoxe en día xa imos pola terceira xeración e seguimos evolucionando cos tempos, tanto en cantidade coma en variedade, pero sen esquecer por suposto a excepcional calidade de todos os nosos produtos, que foi unha constante dende sempre, conseguida en parte co cariño e esmero que poñemos no noso traballo, e en parte coa utilización das mellores materias primas; só así se pode chegar a ese reconocido prestixo do que gozan as nosas elaboracións.